domingo, 6 de noviembre de 2011

Benvida

Benqueridos compañeiros sacerdotes e axentes de pastoral da nosa diócese:

Achégase xa o momento de iniciar os traballos de preparación do noso Congreso, logo de ter aprobados xa os lemas e a enquisa sobre a que traballaremos, e deseñado o folleto individual que poderemos ter todos os participantes.

Xa están listos e enviados os carteis que presentan a imaxe oficial e o lema que inspira a tarefa encomendada de evanxelización, para que todos sexamos parte activa deste proceso previo que culminará no Congreso en outubro do ano que ven.

É hora xa de sensibilizar as nosas comunidades, de buscar animadores leigos, de invitar individualmente a quen vexamos receptivo a afondar na súa vocación laical, e de aproveitar a ocasión para sermos máis audaces e misioneiros, invitando tamén a alonxados ou non comprometidos, para quen tamén vai dirixida esta proposta.

Reavivar o Carisma de Deus nas nosas comunidades é o lema do noso Plan Pastoral 2010-2013; pidamos pois que o Espírito suscite nos nosos leigos un novo pulo que os impulse a facer súa a tarefa de traballar con entusiasmo nesta viña do señor.

A Delegación de Leigos e a Secretaría de Pastoral

No hay comentarios:

Publicar un comentario