lunes, 9 de enero de 2012

Comezan as reunións cos Animadores de grupo

Este próximo sábado día 14 de xaneiro de 2012 preséntase aos animadores de grupo das zonas de Ferrol, Vilalba e Viveiro o primeiro dos documentos de referencia do Congreso de Laicos: A Enquisa para o VER. Os encontros levaranse de forma paralela nas tres zonas, empezando ás 11:00 horas o encontro de Viveiro e ás 17:00 horas os que se desenvolverán nas zonas de Ferrol e Vilalba.

A reunión de Ferrol terá como sede a Domus Ecclesiae, a de Villalba será na propia parroquia, mentres que a de Viveiro será na Inmaculada Niña e están convocados todos os laicos que se encargarán de dinamizar os grupos nos que se traballarán os diferentes temas do congreso.

Durante este primeiro encontro presentarase a Enquisa para o VER, debullando todos aqueles aspectos esenciais que axudarán a unha mellor comprensión, garantindo deste xeito un traballo adecuado no seo dos diferentes equipos que se formen na nosa diocese.

Para finalizar a xornada presentarase o Himno e a Oración do Congreso a todos os asistentes.

Contamos convosco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario