Os días 4 e 11 de febreiro terán lugar os novos encontros de animadores do Congreso de Laicos para a presentación do primeiro tema do documento teolóxico "Unha mirada ao laicado no Novo Testamento" que correrá a cargo do párroco de Xove, o Sr. Cándido J. Otero López.
Serán Ferrol e Vilalba os lugares onde leven a cabo os encontros do día 4 de febreiro, mentres que en Viveiro desenvolverase o día 11 dese mesmo mes, sempre de acordo co programa que vos achegamos no pé desta noticia na carta dirixida aos animadores.
Esta vez as reunións desenvolveranse en formato de convivencia nun ambiente de oración, contando para a ocasión cos irmáns Javier e Óscar Santiago Sanmartín que realizarán unha exposición sobre "A Oración de Taizé" na que se presentará esta forma de orar e como desenvolvela nos nosos grupos parroquiais.
Cada vez son máis os animadores que participan na preparación do congreso, aberto sempre á colaboración de todos os laicos da nosa diocese. Todos somos necesarios nesta labor.
Non perdades a ocasión de participar, tedes liberdade de acudir a aquela sede que mellor se adapte ás vosas necesidades por horario e datas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario