jueves, 2 de febrero de 2012

O CONGRESO NO ALTO


O 4 de xaneiro foi presentado o Congreso a tódolos grupos da parroquia nunha xornada de festiva de Nadal, quedando en iniciar os temas própios o venres 27 de xaneiro as 8 da tarde, logo dunha convocatoria previa nas Eucaristías do fin de semana, e editando uns folletos de man como invitación personalizada.
A resposta non foi a esperada pero sobrepasamos os 30 participantes en tres grupos que iniciaron o traballo coa enquisa que foi traballada con tres animadores laicos. A valoración da iniciativa do Congreso foi moi valorada pola xente, e a reflexión grupal apuntou a varias liñas de valoración da imaxe da igrexa como tal , non sempre evanxélica, pero constatando que eles tamén son igrexa e necesitan dar un testemuño maior de Xesucristo nos seus ámbientes; constatamos unha certa apatía nos creentes, a pouca vitalidade e a falla de iniciativas novedosas para atraer aos xoves das nosas comunidades. 
Para algunhos dos participantes era a primeira vez que participaban nun grupo de reflexión parroquial e agradecían a posibilidade de que a sua voz fose escoitada, asi como asumiron o compromiso de participar nos temas seguintes, e de invitar personalmente a novos participantes.
Un abrazo.
Grupos do Congreso en san Xosé Obreiro de Narón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario