domingo, 5 de febrero de 2012

Resultado dos encontros de Ferrol e Vilalba


Onte sábado tiveron lugar dous novos encontros de animadores de grupo do Congreso de Laicos nas sedes de Vilalba e Ferrol. As reunións distribuíronse en xornadas de mañá e tarde co obxeto de reforzar os momentos de convivencia e oración . Por unha banda os irmáns Javier e Óscar Sanmartín, sacerdotes da nosa diocese, mostraron a oración de Taizé e as enormes posibilidades que ofrece para ser utilizada nos grupos de traballo. Algo máis dunha hora que se fixo moi breve para os que disfrutamos dunha experiencia que vale a pena transmitir nos nosos equipos.

A xornada de traballo foi dirixida por Cándido J. Otero, que ofreceu as claves para debullar o primeiro dos temas, "Unha mirada ao laicado no Novo Testamento" reforzando a idea da necesaria participación de todos na tarefa de anunciar e evanxelizar, común a toda a Igrexa, na vocación do laicado, con acento especial na unión e a comuñón.  Estes e outros moitos puntos tratáronse na xornada de onte, avivada polo rico debate dos aistentes até o momento de concluír coa Oración polo Congreso.

A próxima cita o 11 de febreiro, en Viveiro, dará por concluída a fase de preparación deste primeiro tema, quedando convocados todos para finais do mes de marzo, en data por determinar, para dar paso ao segundo dos temas "Ser Cristiáns Laicos".

No hay comentarios:

Publicar un comentario